Intervidas 32 plantas de marihuana a dous veciños de Negueira de Muñiz

Os dous investigados foron postos a disposición xudicial

Axentes da Garda Civil imputan en calidade de investigados a dous veciños de Pena de Nogueira, do municipio lucense de Negueira de Muñiz, como presuntos autores dun delito de cultivo de drogas ao serlles intervidas 32 plantas de cannabis.

Segundo informou o Instituto Armado, as plantacións atopábanse no interior de dúas vivendas antigas e abandonadas de pedra, sen tellado, o que facilitaba "a entrada da luz do sol e non ser avistadas desde o exterior ao ser tapadas polas catro paredes laterais", precisan as mesmas fontes. Unha das vivendas contaba con 26 plantas de tamaño medio, plantadas en maceteros individuais de grandes dimensións.

No momento da incautación estaban abonadas e fora regadas recentemente, segundo relatan as mesmas fontes. Na segunda das vivendas atopáronse seis unidades do mesmo tamaño que as anteriores con maceteiros similares, segundo engadiu o Instituto Armado. As dúas persoas investigadas foron postas a disposición xudicial.

Comentarios