Intentaron saír dun centro comercial con preto de 1.600 euros en produtos baixo a roupa

Dous homes e dúas mulleres, con idades comprendidas entre os 21 e 37 anos, foron detidos cando intentaron levar sen pagar tablets, unha vídeo consola e xogos dun centro comercial de Vigo ao levalos ocultos baixo a roupa na liña de caixas, informaron hoxe fontes policiais.

O valor dos efectos que lles foron intervidos aos detidos, varios dos cales portaban material empregado para inutilizar as alarmas electrónicas, ascendía a preto de 1.600 euros, precisaron as fontes.

Un empregado do centro comercial denunciou o caso á Policía tras ver nas cámaras de seguridade do establecemento como catro persoas con actitude sospeitosa manipulaban varios produtos de electrónica.

Estes inutilizaron con útiles específicos as alarmas e os peches das carcasas de seguridade dunha vídeo consola, un Ipad, varias tablets, así como diversos xogos e programas informáticos.

Tras esconder os artigos en bolsos realizaron unha pequena compra que abonaron na liña de caixas, onde foron interceptados polo servizo de seguridade do comercio ata a chegada da Policía.

Comentarios