Incautan 95 quilos de marisco nunha operación contra o furtivismo

Axentes de Gardacostas da Consellería do Medio Rural e do Mar, en colaboración con axentes policiais, levaron ao cabo en Rianxo e Cabo de Cruz (Boiro) que se saldou coa identificación de 8 persoas e coa incautación de 95 quilos de ameixa e berberecho, ademais de varios útiles.

A actuación desenvolveuse nas áreas de Taragoña, Barraña e na zona da boca do río, informou a Xunta nun comunicado.

A ameixa e o berberecho intervidos, extraídos de forma ilegal, foron resembrados na zona. Ademais, os gardacostas incautáronse de 15 aparellos de pesca.

Os axentes levantaron 8 actas de presunta infracción ás 8 persoas identificadas.

A Consellería informa de que a cidadanía que o consumo de marisco extraído e comercializado de forma ilegal pode supor un risco para a saúde ao non pasar ningún tipo de control que o avale.

Comentarios