Ferido tras chocar co seu coche contra outros tres vehículos estacionados no concello coruñés de Cee

O home foi trasladado ao hospital tras o sinistro, ocorrido este mércores de madrugada na parroquia de Brens

Un home resultou ferido este mércores de madrugada tras chocar co seu vehículo contra tres turismos estacionados no municipio coruñés de Cee, informan a Axencia Galega de Emerxencias e os bombeiros da localidade.

O condutor impactou ás 3.15 horas contra tres vehículos que estaban estacionados en batería na rúa Camiños Chans, en Brens.

Urxencias Médicas trasladou esta persoa ao hospital, pois resultou ferida no accidente. Tamén acudiu persoal dos bombeiros, Protección Civil e a Garda Civil de Tráfico.

Comentarios