Ferido por un tiro na cabeza tras unha discusión coa súa esposa

Un home resultou ferido a consecuencia do disparo dunha bala na cabeza tras unha discusión esta mañá coa súa esposa na localidade pontevedresa de Portonovo, informaron hoxe fontes da investigación.

O individuo, identificado como R.E.O., de 31 anos, atópase en estado grave ingresado no hospital Xeral Cíes de Vigo debido á ferida de bala dunha pistola.
 
A traxedia produciuse cara ás 10:30 horas tras unha discusión entre a parella, e a Garda Civil, que acudiu posteriormente á zona, trata de aclarar se foi o home o que se disparou un tiro coa arma.
 
Segundo fontes da investigación, a parella tiña frecuentes discusións e el atopábase en tratamento médico.

Comentarios