Ferido nunha saída de vía en Cee

O accidente ocorreu na AC-552, á altura do lugar de Codesos

O condutor dun turismo resultou ferido esta mañá en Cee (A Coruña) logo de saírse da vía, informou o 112.

No vehículo viaxaban dous ocupantes, e, só un deles necesitou ser trasladado polos servizos sanitarios.

O accidente ocorreu na AC-552, á altura do lugar de Codesos.

Ata a zona desprazáronse os bombeiros de Cee, posto que, o alertante que chamou ao CAE 112 Galicia para pedir axuda, indicou que o turismo chocou contra unha casa e que o seu condutor non podía saír.

Finalmente, os efectivos do parque comarcal confirmaron que non tiveron que facer uso do material de excarceración, pero, si se encargaron da limpeza da vía.

Nada máis recibir a chamada de alerta, minutos antes das 08:00 horas, o 112 Galicia ademais de solicitar a colaboración dos Bombeiros, pasou aviso a Urxencias Médicas, á Garda Civil de Tráfico e aos efectivos de Protección Civil da localidade.

Tamén informou o persoal do servizo de mantemento da estrada.

Comentarios