Ferido o condutor dun camión que se incendiou na AP-9, en Vilaboa

O suceso rexistrouse na peaxe da AP-9 ►As chamas desatáronse tras sufrir o vehículo o rebentón dunha roda
Camión calcinado
photo_camera Camión calcinado

Un incendio nun camión que transportaba paquetería saldouse co seu condutor ferido. Os feitos tiveron lugar na AP-9, na peaxe de Vilaboa.

Segundo a información facilitada ao 112, o incendio produciuse despois de que o camión sufrise un rebentón dunha roda. As chamas acabaron calcinando por completo o vehículo.

O propio persoal da Autoestrada do Atlántico alertou da situación ao 112 Galicia ás 5:00 horas deste mércores. A central de urxencias tamén rexistrou a chamada de varias persoas particulares alertando da situación.

Desde o CAE do 112 informouse aos Bombeiros do Morrazo e ao 061-Urxencias Sanitarias. Os feitos tamén foron postos en coñecemento de Protección Civil e da Garda Civil de Tráfico.

O incendio non afectou á circulación na autoestrada en ningún momento.

Comentarios