Ferida grave tras envorcar o seu vehículo e ser excarcerada na Peroxa

Unha muller de 41 anos resultou con feridas graves ao envorcar o turismo que conducía tras saírse da vía no concello ourensán da Peroxa, informou Tráfico.

O suceso produciuse sobre as 4:50 horas da pasada madrugada no quilómetro 73,6 da N-540.

A muller, única ocupante do vehículo e que tivo que ser excarcerada, é unha veciña de Melón que resultou con feridas graves.

Comentarios