Achada morta unha muller nun lavadoiro de Cenlle, na provincia de Ourense

O corpo da muller foi retirado da auga polo seu propio fillo. Os efectivos sanitarios intentaron reanimala, pero só se puido certificar a súa morte.

Unha muller morreu este xoves no municipio ourensán de Cenlle ao afogarse nun lavadoiro, segundo informou o 112. Os feitos tiveron lugar no centro do núcleo de Cima de Vila, na parroquia de Vilar de Rei.

Unha persoa particular localizou o cadáver da vítima sobre as 14:50 horas e chamou ao 112 Galicia.

O persoal do Centro de Atención ás Emerxencias do 112 informou enseguida a Urxencias Médicas, ao GES de Ribadavia e á Garda Civil.

Segundo indicóuselle ao 112 Galicia, o corpo da muller foi retirado da auga polo seu propio fillo. Os efectivos sanitarios intentaron reanimala, pero só se puido certificar a súa morte.

Comentarios