Catro feridos nun choque frontal en Baiona

O sinistro ocorreu no punto quilométrico 20 da a PO-552, á altura da parroquia de Baredo

Un total de catro persoas resultaron feridas na tarde deste luns nun nunha colisión frontal entre dous vehículos en Baiona. 

Segundo puido saber o 112 Galicia, unha das vítimas tivo que ser excarcerada polos efectivos do GES de Valmiñor, ao quedar atrapada no interior dun vehículo accidentado no choque. 

O sinistro ocorreu no punto quilométrico 20 da a PO-552, á altura da parroquia de Baredo. Un particular contactou co 112 Galicia ás 17.35 horas para dar conta do accidente. 

Tras iso, informouse ao 061, aos Bombeiros do Baixo Miño e de Vigo, ao GES de Valmiñor, á Garda Civil de Tráfico, a Protección Civil e ao servizo de mantemento da estrada. 

Comentarios