Ferido tras caerlle encima unha rama dunha árbore que cortaba no Pino

O traballador tivo que ser trasladado ao hospital de Santiago nun helicóptero medicalizado

Un traballador resultou ferido na noite deste xoves tras caerlle encima unha rama dunha árbore que cortaba no municipio coruñés do Pino, informa a Axencia Galega de Urxencias a través dun comunicado.

Un compañeiro da vítima avisou ao 112 do suceso, que se produciu no lugar de Vilachá, na parroquia de Pereira do Pino, ao redor das 18.30 horas.

Alí, un traballador resultou ferido o impacto da caída dunha rama da árbore que cortaba e foi trasladado ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago polo helicóptero medicalizado con base na capital galega.

O 112 Galicia alertou de inmediato a Urxencias Médicas, que decidiu mobilizar o helicóptero para trasladar ao ferido nun suceso en que tamén participou a Garda Civil.

Comentarios