Ferido ao precipitarse desde un poste de seis metros de altura na Veiga

Oficinas del 112 en Santiago. EP
photo_camera Oficinas do 112.

O helicóptero medicalizado con base en Ourense foi mobilizado na tarde deste xoves para o traslado dun operario que se precipitou desde unha altura de seis metros.

O incidente ocorreu mentres o traballador realizaba o mantemento dun poste telefónico no citado concello ourensán .

ás 17:45 horas, o 112 Galicia recibiu a chamada de alerta dun compañeiro do traballador accidentado solicitando asistencia médica para o ferido. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Urxencias (CIAE) informouse aos profesionais sanitarios, aos Bombeiros de Valdeorras e tamén aos membros do GES da localidade.

Debido á gravidade das lesións, os efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 mobilizaron a aeronave medicalizada, que tomou terra no lugar dos feitos.

Para prestar apoio ao equipo médico, os xestores do CIAE solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil e dos voluntarios de Protección Civil da localidade.

Comentarios