Un motorista, grave tras un accidente en Mugardos

O accidente rexistrouse ao redor das 21.30 horas deste mércores

Un motorista tivo que ser trasladado de urxencia a un hospital tras as feridas provocadas por unha caída en Pazo de Rilo, en Mugardos. O accidente rexistrouse ao redor das 21.30 horas deste mércores. 

Ao punto trasladáronse persoal de Urxencias Médicas e efectivos do GES de Mugardos e da Garda Civil de Tráfico.

Comentarios