Ferido en Sigüeiro tras accidentarse, encaixarse nunha casa e arderlle o coche que conducía

O accidente tivo lugar na N-550 ao seu paso pola localidade coruñesa. Os equipos de urxencias confirmaron que o coche resultou calcinado por completo

Un condutor resultou ferido esta mañá en Sigüeiro, A Coruña, tras incendiarse o vehículo que conducía logo de saírse da vía e quedar encaixado nunha casa.

O accidente tivo lugar na N-550, que une A Coruña e Santiago, concretamente, no lugar de Sigüeiro.

Testemuñas que chamaron ao CAE 112 Galicia para informar o accidente explicaron que o condutor estaba fóra do vehículo, pero que o coche botaba fume, segundo informa a Axencia Galega de Emerxencias. Por iso, o persoal do 112 Galicia pediu a intervención dos bombeiros de Santiago que confirmaron que o coche ardera na súa totalidade.

Da mesma forma, solicitouse a intervención de Urxencias Médicas, dos axentes da Gardia Civil de Tráfico e dos efectivos de Protección Civil de Santiago de Compostela.

Comentarios