domingo. 17.10.2021 |
El tiempo
domingo. 17.10.2021
El tiempo

Feridas cinco persoas nun choque entre un autobús urbano e un furgón en Sada

Una ambulancia del 061. ARCHIVO
Unha ambulancia do 061. ARQUIVO
O accidente produciuse na Avenida Xoán Vicente Viquera

Cinco persoas resultaron feridas nunha colisión cun autobús urbano e un furgón implicados na mañá deste martes en Sada. 

Segundo informou o 112 Galicia, as cinco persoas que precisaron asistencia sanitaria viaxaban no coche de liña, concretamente catro pasaxeiros e o condutor do vehículo, que realizaba a ruta entre o núcleo desta localidade coruñesa e Armuño. 

O accidente produciuse na Avenida Xoán Vicente Viquera, á altura do número 13, uns minutos antes das 11.00 horas. Foi unha persoa particular a que alertou do sinistro ao 112 Galicia. 

Tras iso, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 solicitaron a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, do Servizo Municipal de Protección Civil e dos axentes da Policía Local. 

Feridas cinco persoas nun choque entre un autobús urbano e un...
comentarios