Ferida ao caer co seu coche por un desnivel de cinco metros en Tui

A vítima tivo que ser excarcerada polos bombeiros
Oficinas del 112 en Santiago. EP
photo_camera Oficinas do 112.

Unha muller resultou ferida na madrugada deste sábado en Tui ao saírse da vía o coche que conducía e caer por un desnivel duns cinco metros. Segundo informa o 112 Galicia, foi necesario que os Bombeiros do Baixo Miño liberasen á vítima, que estaba atrapada no interior do vehículo .

O sinistro produciuse no Torreiro, na parroquia de Caldelas de Tui, sibre as 3:30 horas.

Foi un particular o que contactou co 112 Galicia para dar conta do sinistro. Os xestores do Ciae 112 Galicia pasaron o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos bombeiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Tui.

A muller ferida foi trasladada a un centro hospitalario.