Ferida ao caer desde un primeiro piso en Forcarei

A caída, de carácter accidental, obrigou a mobilizar o helicóptero medicalizado de Ourense para trasladar á muller a Montecelo

Unha muller sufriu este sábado feridas de gravidade tras caer accidentalmente desde o primeiro piso dun inmoble na localidade pontevedresa de Forcarei, informan fontes de Urxencias 112.

O suceso ocorreu pola mañá no lugar de Sanguñedo, desde onde a muller foi evacuada no helicóptero medicalizado con base en Ourense ao hospital de Montecelo.

O 112 avisou ademais da caída aos axentes da Policía Local e aos membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da vila.

Comentarios