Tres falecidos, un deles un neno de 2 anos, nun accidente de tráfico en Alacante 

O sinistro rexistrouse na AP-7 á altura do Campello e provocou feridas a outras tres persoas
Uno de los vehículos implicados en el accidente en El Campello, en Alicante. EFE
photo_camera Un dos vehículos implicados no accidente no Campello, en Alacante. EFE

Un accidente de tráfico con varios vehículos implicados custou a vida este domingo a tres persoas, entre elas un neno de dous anos, e causou feridas a outras tres na AP-7 á altura do Campello (Alacante). Segundo o Centro de Información e Coordinación de Urxencias, o sinistro produciuse sobre as 15.10 horas no quilómetro 674 da autoestrada en sentido Alacante, tras a saída do Campello, e obrigou a cortar a autoestrada para que aterrasen dous helicópteros. 

Segundo o balance de Urxencias, a colisión provocou a morte de tres persoas: o neno de dous anos, un home de 25 e unha terceira persoa sen identificar. Outras dúas sufriron varios traumatismos e foron trasladadas ao Hospital Xeral de Alacante, e a terceira ao Hospital de Sant Joan (Alacante). 

Ata este punto da Autoestrada do Mediterráneo mobilizáronse unidades do Servizo de Atención Médica Urxente e Soporte Vital Básico para asistir aos afectados.