Falece unha persoa nun cámping de Vilanova tras sufrir unha caída

As instalacións onde se produciron os feitos sitúanse preto da praia do Terrón

Unha persoa faleceu a última hora da tarde deste xoves tras sufrir unha caída nun cámping de Vilanova de Arousa. As instalacións onde se produciron os feitos sitúanse preto da praia do Terrón.

Unha persoa particular alertaba da situación ao 112 Galicia minutos antes das 20:00 horas do xoves. Solicitaba para a vítima asistencia sanitaria de urxencia. Enseguida, o persoal do Centro de Atención ás Urxencias do 112 informou a Urxencias Médicas, que mobilizou un equipo ata o cámping.

A pesar dos esforzos dos efectivos sanitarios, nada se puido facer por salvarlle a vida á persoa. Os profesionais do 112 Galicia tamén trasladaron todos estes datos á Garda Civil.

Comentarios