lunes. 29.11.2021 |
El tiempo
lunes. 29.11.2021
El tiempo

Falece unha muller tras ser rescatada na praia de Canido

Unha muller de 75 anos de idade faleceu este mediodía no Hospital Xeral de Vigo onde foi trasladada logo de ser rescatada do mar na praia viguesa de Canido e reanimada por efectivos sanitarios, informaron fontes municipais.

Ás 11.33 horas, os servizos de salvamento do Concello de Vigo recibiron unha chamada do 061 solicitando o envío dunha ambulancia por un posible afogamento dunha muller de avanzada idade.

Unha enfermeira do Hospital Xeral fóra de servizo asistiu en primeira instancia á muller ao realizarlle manobras de reanimación cardio pulmonar, e posteriormente facultativos do servizo municipal de urxencias continuaron cos labores tratándoa con osíxeno e un desfibrilador externo.

A muller foi trasladada con pulso nunha ambulancia medicalizada ata o Hospital Xeral, onde faleceu.

A Policía Local de Vigo investiga o sucedido, un feito dedel que non houbo testemuñas.

Falece unha muller tras ser rescatada na praia de Canido
comentarios