Falecen dous motoristas en sendos accidentes en Tui e Cesuras

No primeiro caso trátase dun veciño da localidade de 52 anos

Un motorista de 52 anos faleceu en Tui esta madrugada ao chocar o seu vehículo contra un farol, informaron fontes da Policía Local.

Trátase dun veciño da localidade, indicaron as mesmas fontes, que relataron que se atoparon ao home tirado na calzada na parroquia de San Mamede de Guillarei.

Os servizos de urxencia sanitarias trataron de reanimar á vítima pero xa non puideron salvar a súa vida.

O servizo de urxencias 112 deu aviso ao persoal de Protección Civil de Tui e aos Bombeiros do Baixo Miño, que se encargaron das tarefas de limpeza da vía.

CESURAS. Horas máis tarde, outro motorista perdía a vida tras sufrir un accidente cando circulaba pola AC-840 á altura do termo municipal coruñés de Cesuras, na parroquia de Trasanquelos, segundo informaron os axentes da Guardia Civil de Tráfico. O suceso tivo lugar ás 17:30 horas do sábado.


Un particular informou da caída aos servizos de emerxencias do 112, e asegurou que o estado do ferido era grave. Outro particular afirmou tamén que no accidente se vira implicado un coche. Seguidamente, solicitouse a intervención de Urxencias Médicas, que movilizaron o helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela.

Comentarios