Falece un compostelán tras envorcar o seu camión na A-6, en Ponferrada

O home quedou atrapado no vehículo, que levaba unha carga de listóns de madeira

Un camioneiro con residencia en Santiago de Compostela faleceu na mañá deste luns nun accidente de tráfico ocorrido en Ponferrada (León) ao envorcar o vehículo que conducía na autovía do noroeste (A-6).

A vítima, cuxa identidade corresponde ás iniciais F.C.L., natural de Galicia e residente en Santiago de Compostela, conducía un tráiler matrícula 2276DTL, segundo informan os bombeiros de Ponferrada (León).

O accidente produciuse ao redor das doce do mediodía no quilómetro 388 da citada autovía, en sentido Madrid, cando o camión, que transportaba listóns de madeira, envorcou, deixando atrapado ao seu condutor, quen faleceu aos poucos minutos e o seu corpo tivo que ser excarcerado polos bombeiros.

Ata alí desprazáronse tamén efectivos do Servizo de Urxencias 112 de Castela e León e a Garda Civil.

O corpo sen vida do camioneiro será trasladado este mércores desde Ponferrada a Galicia.

Comentarios