Un home, de 72 anos e iniciais R.P.l., faleceu na tarde deste luns nun accidente de tráfico no concello de Mos, no que se viron implicados un vehículo e un camión. A colisión tivo lugar ás 19.11 horas, segundo informou a central de coordinación do 061 Urxencias Sanitarias de Galicia.
Ata o lugar desprazáronse dúas ambulancias, unha asistencial e outra medicalizada, pero os efectivos sanitarios xa non puideron facer nada por salvar a vida do septuaxenario. A outra persoa involucrada no sinistro, un home de 50 anos e iniciais D.I., recibiu o alta alí mesmo.