Falece tras saírse da vía co seu tractor e envorcar na Laracha

A vítima é un home de 62 anos

Un home de 62 anos, do lugar de Balbís —no concello coruñés da Laracha—, faleceu por mor dun accidente co seu tractor consistente nunha saída de vía do vehículo. A Garda Civil informa de que posteriormente houbo un envorco e o condutor e único ocupante acabou perecendo.

As causas do contratempo, informa o instituto armado, están por ser determinadas, por parte do equipo de ateigados.