Falece nunha saída de vía en Baleira

As primeiras hipóteses apuntan a que o condutor podería non levar posto o cinto de seguridade no momento do sinistro.

Accidente en Baleira
photo_camera O coche sinistrado no Cádavo.

Un home de 59 anos, J.A.D.Q. e veciño do Cádavo, perdía a vida pouco logo das 2:10 nun accidente de tráfico na LU-P 0403, no kilómetro 0,100, no termo municipal de Baleira.

O sinistro consistiu nunha saída de vía, con posterior choque contra un noiro e volvo lateral. Ao momento acudiron axentes do subsector de Tráfico de Lugo. 

As primeiras hipóteses apuntan a que o condutor podería non levar posto o cinto de seguridade no momento do sinistro.

O falecido era coñecido na zona como O Toledano, pois era orixinario de Toledo e levaba preto de dez anos residindo en Baleira.