Falece ao quedar atrapado baixo un tractor en Ponteceso

Foi  un veciño da vítima quen alertou os servizos de urxencias de que se producira un sinistro

Un home faleceu ao quedar atrapado baixo un tractor en Ponteceso, segundo informa o 112. A alerta chegou ás 21.30 horas deste venres, cando un veciño da vítima avisou de que se producira un accidente nunha leira do lugar de Agra de Tella.

Ao chegar os profesionais do 061-Urxencias Sanitarias, os Bombeiros de Carballo e o Grupo de Urxencias Supramunicipal de Ponteceso liberaron o corpo do home atrapado baixo o vehículo xa sen signos de vida.