Unha persoa faleceu esta noite en Crecente tras ser atropelada por un turismo.
Segundo indica o servizo de urxencias 112 Galicia, o suceso ocorreu sobre as 00:40 horas na estrada xeral en dirección á Cañiza.
Un particular alertou ao 112, que deu á súa vez aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, á Garda Civil de Tráfico e ao GES de Ponteareas.
Unha vez no lugar os servizos desprazados non puideron facer nada para salvar a vida da persoa atropelada, segundo o 112.
Falece unha persoa atropelada en Crecente
O suceso tivo lugar á primeira hora da madrugada deste domingo, na estrada xeral