Falece un operario en Frades ao caer dun tellado

Sucedeu no lugar de Campo Duro, na parroquia de Céltigos, cinco minutos antes das catro da tarde

Lugar de Campo Duro. GOOGLE MAPS
photo_camera Lugar de Campo Duro. GOOGLE MAPS

Un operario perdeu a vida esta tarde logo de precipitarse dun tellado no que traballaba en Frades (A Coruña), informou a central que se ocupa de coordinar a atención das urxencias que se producen en Galicia.

Sucedeu no lugar de Campo Duro, na parroquia de Céltigos, cinco minutos antes das catro da tarde.

Nese momento, o 061-Urxencias Sanitarias contactou co 112 Galicia para alertar do ocorrido. Acto seguido, os xestores do 112 Galicia requiriron a intervención da Garda Civil.

Unha vez no punto, os efectivos sanitarios nada puideron facer por salvar a vida ao traballador

Comentarios