martes. 11.08.2020 |
El tiempo
martes. 11.08.2020
El tiempo

Falece un mozo de 21 anos de Friol nun accidente en Melide

Un mozo de Friol de 21 anos de idade perdeu a vida este sábado nun accidente de circulación. O suceso produciuse na estrada que enlaza as localidades de Toques, na provincia da Coruña, e o municipio lucense.

O coche no que viaxaban dúas persoas envorcou á altura do termo municipal de Melide, resultando falecido o mozo e presentando feridas leves o seu acompañante. Ao lugar do accidente desprazáronse tanto os bombeiros do parque de Arzúa como os voluntarios de Protección Civil e Urxencias Sanitarias, pero nada puideron facer por salvar a vida do mozo. Ademais, tamén acudiron axentes da Garda Civil para investigar os detalles do sinistro mortal.

Ao parecer, o fatal accidente tivo lugar cando o mozo retornaba a Friol, onde residía.

Falece un mozo de 21 anos de Friol nun accidente en Melide