AVANCE

Falece un mozo de forma repentina nas festas de Guitiriz

O home, de nacionalidade romanesa, sentiuse indisposto nos coches de choque

Barracas de las fiestas de Guitiriz. C.PÉREZ
photo_camera Barracas das festas de Guitiriz. C.PÉREZ

Un mozo de 25 anos faleceu na noite do domingo en Guitiriz, cando gozaba das atraccións das festas patronais do San Xoán. A falta do que determine a autopsia, todo apunta a que se tratou dunha morte por causas naturais e as primeiras hipóteses sinalan a un infarto.

Segundo explicaron fontes consultadas, o mozo estaba subido nos coches de choque cando comezou a sentirse mal, mareado, polo que decidiu apearse da barraca. Afastouse apenas uns metros e instantes despois esborrallouse no chan, polo que os amigos e compañeiros cos que acudira ás festas deron a voz de alarma.

Le a noticia completa na edición impresa deste martes de El Progreso