Falece unha muller durante unha queima de restrollos en Bande

As primeiras hipóteses apuntan a que a octoxenaria morreu de forma accidental ao ser alcanzada polo lume

Zona quemada en Bande. TVG
photo_camera Zona queimada en Bande. TVG

Unha muller de 83 anos foi atopada morta este domingo tras falecer, ao parecer, durante unha queima de restrollos realizada nunha leira particular no concello ourensán de Bande. As primeiras hipóteses, segundo informan fontes próximas ao caso, apuntan a que a octoxenaria, Dosinda Fernández, saíu o venres a queimar mato e puido ser alcanzada polo lume.

Un veciño foi o que atopou de casualidade o corpo na parcela, de difícil acceso, e deu o aviso á Garda Civil do ocorrido. O cadáver foi trasladado ao complexo hospitalario de Ourense para practicarlle a autopsia e esclarecer a causa da morte, previsiblemente accidental.

A muller vivía soa, aínda que foi ao monte cunha veciña que, segundo indica a TVG, ten problemas mentais e supostamente deixouna alí sen informar do ocorrido.