Falece logo de envorcar o seu tractor en Castrelo do Val

A vítima atopabase traballando nunha leira cando ocorreu o accidente

Un home faleceu este xoves após envorcar o tractor que manexaba no concello de Castrelo do Val, onde se atopaba traballando nunha leira, informou o 112 Galicia.

O aviso do accidente recibiuse ás 18.15 horas a través do 061, que comunicaba que se mobilizou o helicóptero con base en Ourense para atender á vítima. Até o lugar desprazáronse os servizos sanitarios de urxencia, que só puideron confirmar a morte.

Ademais, deuse aviso ao GES de Laza e á Garda Civil, ademais da os bombeiros de Verín. 
Por outra banda, dúas persoas resultaron feridas nun choque entre dous vehículos no Rosal, na parroquia de San Miguel de Tabagón. A alerta recibiuse ás 16,00 horas.

Os feitos foron postos en coñecemento dos bombeiros de Baixo Miño, os membros do GES da Guarda, Tráfico e Protección Civil. Os feridos foron trasladados a un centro hospitalario.