Falece un mozo de 28 anos nun accidente de tráfico en Trazo

Unha moto e un camión víronse involucrados no sinistro

Un mozo de 28 anos perdeu a vida este xoves nunha colisión entre unha moto e un camión no termo municipal de Trazo, moi preto de Santiago de Compostela

O accidente rexistrouse na zona de Chaián, ás seis da mañá no punto quilométrico 4.500, segundo informa a TVG.

Ata a zona mobilizáronse efectivos dos Bombeiros e da Garda Civil de tráfico, así como unha ambulancia medicalizada do 061, que, con todo, non puido facer nada por salvar a vida do novo, de iniciais R.C.G.