Falece por un disparo accidental un cazador en San Xoán do Río

Oficinas del 112. ARCHIVO
photo_camera Oficinas do 112.


Segundo informou o 112 Galicia, un cazador perdeu a vida este domingo en Cruz, no concello ourensán de San Xoán do Río. Ao parecer, o home participaba nunha batida de xabaríns cando o disparo dun compañeiro rebotou, feríndoo no abdome. Malia os esforzos do persoal médico, nada puideron facer para salvar a súa vida.

Garda Civil, o GES de Castro Caldelas e a AVPC da localidade participaron no operativo de emerxencias.