Falece o condutor dunha furgoneta tras a colisión con outro vehículo en Ourense

Unha furgoneta era de transporte de mercadorías e outra de mantemento de estradas

A colisión de dúas furgonetas -unha de transporte de mercadorías e outra de mantemento de estradas- rexistrada na mañá deste martes no termo municipal de Ribadavia, en Ourense, saldouse cun dos condutores falecido.

Segundo os datos facilitados polo 112 Galicia a Europa Press, este sinistro tivo lugar sobre as 9.20 horas ao chocar dúas furgonetas, unha das cales envorcou e quedou nunha ponte sobre a vía do tren.

Debido a iso foi mobilizado un guindastre e foi necesario cortar o tráfico ferroviario, que xa está restablecido, para a retirada do vehículo inestable e a excarceración do condutor falecido.

Foron mobilizados Uxencias Sanitarias de Galicia, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros do Carballiño, o GES de Ribadavia e persoal de mantemento de estradas.

Ao lugar o 061 enviou dúas ambulancias asistenciais e un médico, que confirmou o falecemento dunha persoa, mentres que outra necesitou asistencia, confirmaron a Europa Press fontes sanitarias.