viernes. 26.02.2021 |
El tiempo
viernes. 26.02.2021
El tiempo

Extinguido un incendio que afectou a 25 hectáreas na Mezquita

Equipos de extinción da Consellería do Medio Rural sufocaron nas últimas horas un incendio forestal que afectou a 25 hectáreas no municipio ourensán da Mezquita.

O foco foi localizado na parroquia de Chaguazoso ás 20.50 horas de onte, e quedou extinguido ao redor das tres da madrugada, tras seis horas de traballos dos equipos de extinción. Segundo as estimacións realizadas pola Consellería, a superficie afectada foi de 25 hectáreas, das cales 24 eran monte raso e unha superficie arboredo. Nas tarefas de extinción participaron dous axentes forestais, catro brigadas e dúas motobombas.

Outro incendio rexistrado nunha vivenda mobilizou ás 11.00 horas de hoxe aos bombeiros de Santa Comba, que sufocaron o lume, orixinado nunha baixo cuberta que funcionaba como almacén e cuarto de caldeira.

Alertados polo 112, os bombeiros acudiron ao lugar en dous vehículos e, unha vez extinguido o foco, ventilaron o habitáculo. Segundo informan nun comunicado, o incendio propagouse e chegou ao cuarto superior afectando a todo o habitáculo. Así, romperon varios cristais e arrasou material que estaba almacenado.

Extinguido un incendio que afectou a 25 hectáreas na Mezquita
comentarios