Evacúan a catro persoas por un incendio nunha vivenda na Mezquita

O lume comezou a medianoite nesta localidade ourensá. As catro persoas, entre elas un menor, foron trasladadas ao Hospital de Verín

Catro persoas, entre elas un menor, foron evacuadas este martes afectadas por inhalación de fume debido a un incendio rexistrado nun domicilio no municipio ourensán da Mezquita.

Os feitos tiveron lugar pasada a medianoite nun domicilio no termo municipal da Mezquita, debido ao que foi mobilizado o 061 para atender a catro persoas, unha muller de 32 anos, un menor e dous homes de 33 e 56 anos.

Segundo informou o 061, desprazou ao lugar dúas ambulancias asistenciais e persoal sanitario da Gudiña para atender a catro persoas afectadas por inhalación de fume. En concreto, foron trasladados ao Hospital de Verín por inhalación de fume unha muller, L.S.F., de 32 anos; un menor; e os homes M.G.P., de 33 anos, e M.S.C., de 56 anos. 

Comentarios