Falece un cazador atacado por un xabaril en Laza

O home foi atopado en estado inconsciente nunha pista da localidade ourensá

Un cazador faleceu este domingo na localidade ourensá de Laza logo de ser atacado por un xabaril, segundo informaron fontes sanitarias. O home foi atopado "aparentemente ferido" e en estado inconsciente nunha pista forestal, informou o servizo de urxencias 112.

O particular que alertou ao servizo de urxencias indicou que se trataba dun cazador que podería recibir "un tiro accidental ou un golpe dun xabaril", segundo as súas propias palabras.

O suceso foi posto coñecemento de Urxencias Médicas, que mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Ourense, e tamén foi informada a Garda Civil e o Grumir de Laza. 

A vítima, de mediana idade, era axente da Policía Nacional e estaba destinado en Verín.

Comentarios