Atopan o corpo sen vida dun home no río Tambre

Un grupo de persoas que participaba na procura dun familiar advertiu da presenza do cadáver

O corpo sen vida dun home apareceu este sábado flotando no río Tambre á altura de Sigüeiro, no municipio de Oroso (A Coruña), informou o servizo de urxencias 112.

O corpo apareceu sobre as 16 horas e da súa presenza deron aviso un grupo de persoas que participaban na procura dun familiar, cuxa desaparición denunciaran este sábado.

O cadáver está sen identificar, polo que se descoñece se é o familiar cuxa desaparición denunciaran estas persoas.

A persoa desaparecida é un home de 50 anos con problemas de saúde, segundo os familiares, que saíra pasear pola zona do río e ao non regresar decidiron pór unha denuncia.

Ao lugar do suceso acudiu un equipo da Unidade de Rescate Acuático da Policía Autonómica, así como bombeiros do parque municipal de Santiago de Compostela e de Ordes.

comentarios