Atopan o corpo dunha muller de 90 anos, queimada, en Cantabria

O cadáver foi localizado na parte traseira da casa mentres que só se localizou un conato de incendio na porta principal

Unha muller duns 90 anos de idade foi atopada morta, queimada, na tarde deste sábado, na súa vivenda de Iruz, en Cantabria, un suceso do que se descoñecen as causas e que vai investigar a Policía Xudicial.

Segundo informou o servizo de urxencias 112, o aviso recibiuse ás 15.30 horas e ata o lugar desprazáronse bombeiros do parque de Villacarriedo, sanitarios do 061 e á Garda Civil.

A Policía Xudicial vai abrir unha investigación dado que o corpo foi atopado por veciños da localidade na parte traseira da vivenda da falecida, mentres que na casa só localizouse un conato de incendio na porta principal. 

Comentarios