Atopan a dous anciáns falecidos nunha leira de Mallorca

Segundo a investigación o home faleceu primeiro e a muller, que dependía del por estar enferma, morreu días despois

A Garda Civil achou os cadáveres dun matrimonio de anciáns nunha leira rústica de Llucmajor, en Mallorca, con indicios de morte natural ocorrida hai varios días e con mordeduras de cans posteriores ao falecemento.

Unha das súas fillas informou aos servizos de urxencias de que achara aos seus pais falecidos e a Garda Civil fíxose cargo da investigación, na ordenarase a realización da autopsia aos cadáveres para determinar as causas do falecemento.

Todo apunta a que o home puido falecer en primeiro lugar por causas naturais, e a muller, que dependía del por estar enferma, morreu días despois, informou o instituto armado. A leira atópase no camiño de Pontarro, xunto ao núcleo urbano do municipio.

Comentarios