Un barco de dez metros de eslora afunde en Laxe a causa da ondada

Un barco de dez metros de eslora afundiuse hoxe no porto da localidade coruñesa de Laxe polos efectos do temporal, mentres outros seis permaneceron toda a xornada en risco de naufraxio pero finalmente lograron capear a ondaxe e pronto volverán aos seus lugares de amarre, confirmaron fuentes do municipio.

A costa galega está hoxe en alerta vermella polos efectos do temporal, que chega cunha profunda borrasca debido ás baixas presións, con ondas de ata dez metros e vento de forza sete, que supera os cincuenta quilómetros por hora.

O porto de Laxe viuse afectado desde primeira hora, pois unha embarcación que estaba amarrada afundiuse en cuestión de minutos, algo "nunca visto", segundo explicaron a EFE fontes de Protección Civil.

Comentarios