Dous ciclistas feridos ao ser alcanzados por un coche en Touro

As vítimas foron trasladadas a un hospital de Santiago, unha delas en estado grave

Dúas persoas que circulaban en bicicleta por unha estrada de Touro resultaron feridas tras ser atropeladas por un coche. O sinistro rexistrouse ás 19.15 horas deste mércores na vía que une os lugares de Santa Irene coa localidade arzuá de Dombodán, á altura da parroquia de Andeade.

Os dous feridos, un en estado grave, foron trasladados a un hospital de Santiago de Compostela.

ACCIDENTE EN VIGO. Tres horas máis tarde, sobre as 22 horas, un coche saíuse da vía e chocou contra un poste na parroquia de Carral, en Vigo. Os ocupantes abandonaron o vehículo coa axuda dos veciños e foron atendidos por profesionais de Urxencias Médicas.



Comentarios