Martes. 22.01.2019 |
El tiempo
Martes. 22.01.2019
El tiempo

Dous accidentes rexistrados en Boiro e Betanzos deixan catro persoas feridas

Un coche envorcou no medio da vía que une Carballo e A Silva, a AC-413, e foi necesaria a intervención da Garda Civil de Tráfico e do persoal da Axencia Galega de Infraestructuras para restablecer as condicións de seguridade

Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron este sábado de madrugada a catro persoas que resultaron feridas en dous accidentes rexistrados en Boiro e Betanzos.

Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, o primeiro sinistro produciuse ás 22.45 horas do venres en Boiro, concretamente na pista que vai dende a antiga base militar dende Iroite a Noceda, onde un vehículo con dous ocupantes a bordo batía cunha pedra de grandes dimensións e no que sufriron diversas feridas polo impacto. Finalmente, ambas as doas feridas foron evacuados nunha ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias ao Hospital do Barbanza.

Ademais do equipo sanitario, acudiron ao lugar do sinistro os axentes da Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Boiro e Policía Local e Protección Civil de Boiro.

No segundo deles, próximo as 03.30 horas da madrugada, outro vehículo accidentouse na A-6 dirección Betanzos a uns poucos metros antes da saída 573, en Abegondo. Alertábase dun coche caído por un terraplén. Decontado, os xestores do 112 pasaron aviso axentes da Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Betanzos e Protección Civil. Así mesmo, foi informado o servizo de mantemento para retirar os restos do sinistro.

Ademais, un coche envorcou no medio da vía que une Carballo e A Silva, concretamente na AC-413 punto quilométrico 19,000, precisou da intervención dos axentes da Garda Civil de Tráfico e do persoal da Axencia Galega de Infraestructuras para restablecer as condicións de seguridade na vía.

Dous accidentes rexistrados en Boiro e Betanzos deixan catro...