Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron este luns pola mañá ao HULA a dúas persoas afectadas por intoxicación de fume producido na súa vivenda, no concello do Corgo, en San Fiz, segundo informa o 112.
Os Bombeiros de Sarria que acudiron ao domicilio, tras ser alertados polo CAE 112 Galicia, indicaron que a intoxicación puido ser debida a unha greta na cheminea da cociña de leña que durante toda a noite filtrou fume e provocou a indisposición dos afectados.
Eran as 8:30 horas deste luns, cando o persoal sanitario indicaba ao 112 Galicia que unha ambulancia se dirixía ao domicilio para atender a dúas persoas afectadas por un posible escape de gas. Enseguida, pasouse aviso aos membros do parque comarcal e á Garda Civil.
O persoal da empresa subministradora do gas tamén foi informado o suceso polo 112 Galicia.