Detidos sete mozos por roubar a unha persoa ameazándoa cun machete

Un deles ingresou en prisión
Un coche de la Policía Nacional. EUROPA PRESS
photo_camera Un coche de la Policía Nacional. EUROPA PRESS

Axentes da Policía Nacional de Ourense detiveron sete persoas, unha delas menor de idade, acusadas dun roubo con intimidación a un mozo no barrio ourensán das Lagoas, ao que roubaron o móbil logo de intimidalo cun machete. 

Segundo informou a comisaría provincial, os feitos tiveron lugar o pasado 10 de xaneiro cando un mozo denunciou que lle roubaron o teléfono móbil no barrio ourensán. Ao principio, non quería interpor denuncia "porque tiña medo". 

Segundo a súa versión, un grupo "de sete ou oito persoas" dirixíronse cara a el e atracáronlle cun coitelo de grandes dimensións e puxéronlle un machete no chan mentres dicía: "Ti pa alá, non grites, non fales, non digas nada, ímoste mochar". 

Axentes do Grupo de Seguridade Cidadá estableceron un operativo que permitiu localizar ao grupo de persoas que se correspondían coas características dadas polo denunciante. 

Ante a presenza policial, os mozos intentaron fuxir mentres arroxaron varios obxectos entre as matogueiras, que foron localizados polos axentes, Os axentes acharon un coitelo de trinta centímetros de folla, dúas navallas e un teléfono móbil. En total, foron identificados un total de sete individuos. 

Trátase de sete persoas, unha menor de idade, procedentes de República Dominicana, Brasil e Ourense, unha das cales ingresou en prisión. 

Comentarios