Oito detidos en Baiona pola venda droga nun edificio

Os dous principais acusados son dous curmáns que son veciños
Foto aérea de Baiona.DP
photo_camera Foto aérea de Baiona.DP

Oito persoas detidas e unha novena investigada é o balance da operación contra a venda de droga que a Garda Civil desenvolveu nas inmediacións dun edificio situado no centro da localidade de Baiona.

Entre os detidos, segundo informou o instituto armado, atópanse os responsables dos dous puntos de venda desarticulados, dous curmáns que vivían en dous pisos distintos que están situados no mesmo edificio.

No inmoble os axentes diversas cantidades de cocaína, haxix, marihuana e metadona, sustancias de corte, básculas de precisión e unha decena de teléfonos móbiles.

A operación, que recibiu o nome de Pufa-II, arrincou o pasado verán despois de que unha destas dúas persoas fose detida ao ser sorprendido cando realizaba unha transacción de droga nas proximidades do seu domicilio.

Unha investigación posterior permitiu á Garda Civil descubrir que no mesmo edificio vivía o seu primo que, supostamente, tamén se dedicaba polo miúdo de estupefacientes.

Tras meses de seguimento, os axentes lograron interceptar unha venda de droga a pasada semana e no interior do vehículo do comprador, onde se estaba facendo o intercambio, atopouse un billete de 20 euros entre os dous asentos e unha pequena cantidade de haxix.

A partir deste operativo, no que se arrestou de novo a un dos dous curmáns, a autoridade xudicial permitiu o rexistro domiciliario das dúas vivendas.

A operación policial incluíu a detención de seis mozos máis e a investigación doutro, todos eles veciños de Baiona, como presuntos colaboradores e intermediarios nas operacións de compravenda da droga.

Tanto os detidos como o investigado quedaron en liberdade coa obrigación de comparecer cando sexan citados no xulgado de instrución de garda de Vigo.