Detido un septuaxenario por causar un incendio nunha queima en Cualedro

As chamas afectaron a unha hectárea e o home non dispuña de autorización

A Garda Civil detivo a un septuaxenario residente na localidade ourensá de Cualedro como suposto autor dun incendio forestal, que afectou a unha hectárea, tras realizar unha queima de restrollos sen autorización.

O home, cuxas iniciais son J.P.M de 72 anos, foi arrestado no día de onte como suposto autor dun incendio forestal, informa o instituto armado.

O septuaxenario realizou unha queima de restrollos sen autorización no lugar dos Muíños e, tras estenderse, afectou a unha hectárea de monte baixo.

O lume, que puido ser extinguido obrigou a mobilizar dúas brigadas, unha motobomba e a axentes da Garda Civil de Cualedro, que remitiu as dilixencias ao xulgado de instrución número dous de Verín.