Detido por encerrar á súa parella oito días e obrigala a manter relacións sexuais

O presunto agresor "púñase violento, golpeándoa e tirándolle do pelo se ela desobedecía"

Violencia de género.EP
photo_camera Violencia de xénero.EP

Un home de 35 anos foi detido pola Policía Nacional en Benalmádena, Málaga, por manter encerrada baixo chave durante oito días á súa parella, á que obrigaba a permanecer sen roupa e a manter relacións sexuais varias veces ao día. A moza, de 32 anos e natural da República Dominicana, coñeceu ao detido en internet e mantivo con el unha relación a través da rede ata que decidiu viaxar a Málaga para coñecelo en persoa, segundo informou a Policía nun comunicado.

A vítima aloxouse ao principio en casa duns familiares na costa malagueña, pero non tardou en irse a vivir con el, e ás 24 horas de iniciar a súa convivencia comezou a sufrir ameazas. Segundo as pescudas policiais, o detido supostamente deixaba á muller encerrada con chave cando saía do apartamento, apenas lle facilitaba alimento, controlaba o seu teléfono móbil, impedíalle que se puxese roupa e obrigábaa a manter relacións sexuais.

A investigación segue aberta para determinar se hai outras mulleres que sexan vítimas

O presunto agresor "púñase violento, golpeándoa e tirándolle do pelo se ela desobedecía" e vixiaba todos os seus contactos e mensaxes do teléfono móbil, segundo o relato da vítima. A moza conseguiu escapar grazas a unha chamada que realizou á súa curmá na que, falando en clave, xa que o arrestado controlaba as súas comunicacións, transmitiulle o que estaba a suceder.

Tras explicar á Policía que o home lle facía fotografías e vídeos en contra da súa vontade e que é posible que tivese condutas similares con outras mulleres con anterioridade, os axentes rexistraron o domicilio, no que interviñeron un computador portátil, unha cámara de vídeo e unha memoria USB, que terán que ser analizados.

O home, ao que se lle imputan os delitos de detención ilegal, agresión sexual e malos tratos, foi detido en Benalmádena a mesma noite en que a muller acudiu a un centro hospitalario de Málaga. Este martes foi posto a disposición xudicial.

A investigación segue aberta para determinar se hai outras mulleres que sexan vítimas de feitos da mesma natureza. 

Comentarios