Detido en Riós acusado de maltrato animal tras deixar morrer a seis ovellas

O arrestado posúe unha explotación gandeira na que ten 250 animais

O Servizo de Protección da Natureza da Garda Civil (Seprona) detivo na tarde deste martes a un veciño de Riós (Ourense), de 45 anos e con identidade J.D.Q., acusado dun delito de malos tratos animais por deixar morrer a seis ovellas.

Segundo informou o instituto armado, a detención tivo lugar ás 19.00 horas deste martes, despois de que axentes realizasen unha inspección nunha explotación gandeira da súa propiedade, na que ten 250 ovellas.

No lugar, a Garda Civil observou varias ovellas mortas depositadas nun colector e en avanzado estado de descomposición.

Comentarios